domingo, 11 de noviembre de 2007

Concerto en San Miguel de Oia o 3 de novembro

Aquí tendes un video dun dos temas que tocou o grupo folk vigués Baydheson,no concerto, que encheu máis da metade do auditorio con xente de todalas idades, dende rapaces pequenos, pasando polos seus pais, ata xente de máis idade, respondendo todos eles con palmas nos diversos temas, e poñéndose en pé para bailar e disfrutar da música deste grupo folk vigués.

Este tema leva por título Bágoas de sal, e é unha nana con ritmo de bossa-nova, aquí xa se pode apreciar a fusión que emprega este grupo, pero non é a única.

O millor é achegarse onda eles, nun concerto, para poder ver a gran variedade de temas que posúen e deixarse levar e viaxar con eles coa súa música.

BÁGOAS DE SAL

sábado, 3 de noviembre de 2007

Laura Barreiro (Teclado)

Nace en Vigo o 31 de xullo de 1991.

Ós 5 anos comeza nun grupo de baile galego e de pandereteiras chamado "Lembranzas Galegas", actuando en diferentes festivais nacionais e internacionais como son Murcia, Lugo e Portugal, entre outros.

Ós 8 anos comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo na especialidade de piano, mentres recibía clases ata os 13 anos con Ruth Lago Antolín, mestra que na actualidade imparte clasess no Conservatorio de Música de Tui.

Ós 13 anos entra a formar parte do grupo folk "Baydheson", anteriormente chamado "Os Ferreiros Da Taberna", no que leva ata o de agora como teclista.

Ós 15 anos, comeza os seus estudos de arpa celta na Escola de Artes e Oficios impartida polo gran músico de folk Rodrigo Romaní.

Participou no Curso de Técnica e interpretación Pianística impartido por D. Jorge Robaina, concertos en diversos lugares con gran mención na televisión (televigo e televisión de Galicia: Luar).

Actualmente estuda 6º de Grao Medio no Conservatorio Profesional de Vigo.