domingo, 11 de noviembre de 2007

Concerto en San Miguel de Oia o 3 de novembro

Aquí tendes un video dun dos temas que tocou o grupo folk vigués Baydheson,no concerto, que encheu máis da metade do auditorio con xente de todalas idades, dende rapaces pequenos, pasando polos seus pais, ata xente de máis idade, respondendo todos eles con palmas nos diversos temas, e poñéndose en pé para bailar e disfrutar da música deste grupo folk vigués.

Este tema leva por título Bágoas de sal, e é unha nana con ritmo de bossa-nova, aquí xa se pode apreciar a fusión que emprega este grupo, pero non é a única.

O millor é achegarse onda eles, nun concerto, para poder ver a gran variedade de temas que posúen e deixarse levar e viaxar con eles coa súa música.

BÁGOAS DE SAL

sábado, 3 de noviembre de 2007

Laura Barreiro (Teclado)

Nace en Vigo o 31 de xullo de 1991.

Ós 5 anos comeza nun grupo de baile galego e de pandereteiras chamado "Lembranzas Galegas", actuando en diferentes festivais nacionais e internacionais como son Murcia, Lugo e Portugal, entre outros.

Ós 8 anos comeza os seus estudos no Conservatorio de Música de Vigo na especialidade de piano, mentres recibía clases ata os 13 anos con Ruth Lago Antolín, mestra que na actualidade imparte clasess no Conservatorio de Música de Tui.

Ós 13 anos entra a formar parte do grupo folk "Baydheson", anteriormente chamado "Os Ferreiros Da Taberna", no que leva ata o de agora como teclista.

Ós 15 anos, comeza os seus estudos de arpa celta na Escola de Artes e Oficios impartida polo gran músico de folk Rodrigo Romaní.

Participou no Curso de Técnica e interpretación Pianística impartido por D. Jorge Robaina, concertos en diversos lugares con gran mención na televisión (televigo e televisión de Galicia: Luar).

Actualmente estuda 6º de Grao Medio no Conservatorio Profesional de Vigo.

viernes, 26 de octubre de 2007

Ana Martínez (viola e voz)


Nace en Vigo (Pontevedra) no ano 1989.
Despois de realizar numerosos cursos de iniciación á música en diversas academias ,ingresa no Conservatorio Superior de Música de Vigo ós nove anos de idade e comeza os seus estudos de viola con Isabel Abril . Neste mesmo conservatorio recibe clases de Ana Vidal e Javier Escobar ,co que permaneceu durante catro anos obtendo altas calificacións .

Tamén cabe destacar a súa faceta como percusionista dende o ano 1999 na Agrupación musical “Lira” de San Miguel de Oia coa que asistíu a varios concursos por toda España.
No ano 2003 entra a formar parte da Orquesta Clásica de Vigo (como violeira) coa que realiza numerosos concertos por toda a xeografía galega .

Dende o ano 2004 forma parte do grupo folk-celta Baydheson e a través do cal ,colaborou coa Radio Galega en diversas grabacións e entrevistas .

Recibíu clases maxistrais e particulares de profesores como Paula Santos ,David Quiggle e Alejandro Garrido e desenrolou a sua labor orquestal baixo a dirección de Manuel Martínez ,Esteban Valverde ,Eduardo Nogueroles e Javier Viceiro.

Actualmente estudia 6º de grao medio no Conservatorio Profesional de música de Vigo da mao de grandes mestres.

Silvia Comesaña (clarinete, saxo soprano, frauta e voz)

Nace en Vigo, o 15 de setembro de 1980.
Con só 5 anos, no 1985, intégrase no mundo da música galega, formando parte do grupo de baile galego do Colexio Público “A Paz” Tintureira (Coruxo), no que baila, e comeza a iniciarse como pandereteira.
En 1988, entra a formar parte do grupo de baile “A Buxaina” do Centro Cultural de Coruxo, no que segue a perfeccionarse como bailarina e como pandereteira, co mestre Pablo González Alonso, e máis tarde con Luis Prego. Co grupo percorren parte da xeografía galega, Asturias, San Sebastián, Francia e Alemania.
No ano 1993 comeza os seus estudos de solfeo na banda de música Unión Musical de Coruxo, co mestre Manuel Lago Lago, e no ano 1994 comeza a estudar clarinete como autodidacta.
No ano 1995 entra a formar parte do plantel de músicos da banda Unión Musical de Coruxo,baixo a tutela do mestre Don Miguel Sacristán Ramos, coa que actúa por gran parte de Galicia, Portugal e Valencia.
En 1996, colabora como clarinetista, co grupo Folk-galego “Xistra de Coruxo”, no auditorio do Concello de Vigo. No mesmo ano forma parte do grupo de gaitas do Centro Cultural de Coruxo, no que toca o clarinete, co mestre Xurxo Santomé, no que destaca a actuación realizada no Centro Cultural Caixanova (Vigo).
No 1997, matricúlase na Escola de Música de Vigo, co mestre de clarinete Óscar Villar Prieto, ata o 2000.
Deixa o grupo de baile “A Buxaina” no ano 1998, e acude ó I curso de especialización musical de Vigo, de clarinete, cos mestres, Francisco Javier Vidal, e Joaquín Meijide.
En 1999, asiste tamén, ó II curso de especialización musical de Vigo, de clarinete, impartido polo mestre Manuel Juan.
Nos anos 1999, 2000 e 2001 colabora coa banda de música escola de Beade e a banda de música do Caeiro(Cabral).
No ano 2002 forma parte da murga do Centro Cultural de Coruxo, no que toca o clarinete, facendo diversas actuacións por Galicia e Francia.
No ano 2003 funda, xunto o seu irmán, o grupo Folk “Os Ferreiros da Taberna”,que no ano 2005 pasa a chamarse “Baydheson”, no que segue na actualidade, tocando o clarinete, a frauta, o saxo soprano, a pandeireta e cantando. Co grupo acadan unha morea de actuacións pola provincia de Pontevedra, e en Abril do 2006 gravan a maqueta nos estudos da Radio Galega, co técnico de son Toño Vázquez. Acude, en maio do 2006 a unha entrevista na Radio Galega, no programa das Quimbambas, para a presentación do seu traballo musical.
Nos anos 2004-2005 colabora coa banda municipal de Arcade, a banda municipal de Porriño e coa banda municipal de Cuntis.
No 2005-2006 é clarinetista solista da Banda Unión Musical de Coruxo e imparte clases de solfeo na Banda Unión Musical de Coruxo.
Na actualidade é compoñente de grupo Folk Baydheson e colabora coa banda Ateneo Musical de Bembrive e a banda municipal de Porriño.
Obras das que é autora: O son do ar (música e letra), Gran Sol(letra), Bágoas de Sal(letra)e,Terra Galaica(letra), Noite Meiga (letra).

jueves, 25 de octubre de 2007

Rubén Comesaña (Percusión, frauta e voz)


Nace o 30 de marzo de 1985. Ós 9 anos comeza a súa andaina polo mundo da música, asistindo a clases de percusión tradicional con Chuco.

Ós 10 anos entra a formar parte do etnográfico A Buxaina como tamborileiro. Un ano máis tarde forma parte da Murga (grupo de gaitas e percusión formado polos músicos da Buxaina).

Ós 13 anos entra na escola de música da Unión Musical de Coruxo, tendo como especialidade a percusión. Pronto entraría a formar parte do plantel desta banda.

Nese mesmo ano, entrou no conservatorio profesional de música de Vigo, na especialidade de percusión.

Nos anos 2001-02-03, impartíu clases de percusión na escola de música da Unión Musical de Coruxo.

Na actualidade, cursa 6º de grao medio no conservatorio profesional de música de Vigo, ó mesmo tempo que colabora con diversas bandas de música, tales coma, Bembrive, Candeán, Arcade...
Este ano 2007, colaborou coa Banda U.M Ateneo de Bembrive, no Certame de Pontevedra.



É un dos creadores do grupo folk Baydheson (formado no 2003), estando coma percusionista e coma compositor dalgúns dos temas a tocar, tales coma : Raah-Ben, Lúa Chea, Figueirido, Noite Meiga, Baydheson...



miércoles, 24 de octubre de 2007

Jorge Villar (Guitarra acústica e eléctrica)


Nacín en Vigo en xuño de 1984 (23 anos). Comecei a tocala guitarra ós 10 anos de maneira autodidacta coa axuda de algún amigo que me ensinaba acordes novos. ós 14 anos fixen a proba de acceso ó Conservatorio de Vigo. Entrei. Durante esta época puiden estudar guitarra con Jose Luis Fernández e Margarita Escarpa, ademáis de asistir a Masterclases e cursos con David Russell, Eduardo Baranzano, Carles trepat, Fernando Espí, Niño de Pura (flamenco), Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, entre outros.


Ademáis de gañar o I Concurso Internacional de Guitarra celebrado en Gondomar (2003), dende o ano 2004 actuei como guitarrista en Festivais como Jóvenes Intérpretes (Conservatorio Profesional Música Vigo) (2004 y 2005), na Muestra de Música EDUC-ARTE (2005), no festival internacional de música clásica ARE-MORE (no 2006), no festival de Editores Independientes EDITA '07 en Punta Umbría en colaboración co poeta David fernández Rivera, e no festival Semana de la Guitarra (CPMúsVigo) (2007).

Perfeccioneime con cursos de Interpretación e danza Barroca con Ludovica Mosca e Análisis Auditivo con Emilio Molina. Antes de rematar Grao Medio, con 18 anos, comencei os estudos universitarios de Educación Musical na facultade de Pontevedra, tres anos despois comecei a traballar como mestre no Colexio Mariano de Vigo onde permañezo na actualidade.

Agora estudo 3º de Grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Anteriormente tamén actuei no festival Trinkate Rock en Redondela (festival que xa desapareceu).


Actualmente toco nun grupo folk (Baydheson) e xuntos actuamos na Hobbie & Dragoon Worlds (campeonato do mundo de catamaráns) en Cangas no 2006, e aínda quedan actuacións pendentes sen data fixa. Tamén colaboro con algún gaiteiro como Rafael Crespo, Abraham Fernández (colaborador de Celtas Cortos), temos un proxecto xuntos de bastantes actuacións polos arrededores de Vigo, e tamén co poeta David fernandez Rivera noutro proxecto Laios do Silencio e Ecos de la noche (versión clásica) con quen xa actuei en Galicia e Sur de España, ademáis da próxima grabación deste traballo onde eu poño a música de guitarra en relación cos poemas que él recita.

BAYDHESON



Nacen no 2003 nun rincón do panorama galego, chamado Coruxo (Vigo-Pontevedra). Comezan a súa andaina baixo o nome de “Os Ferreiros Da Taberna”, ata o 2005 que cambian a “Baydheson”, e así siguen na actualidade.


O grupo consta de 8 compoñentes na actualidade, rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 16 e os 27 anos de idade, todos eles estudantes e adicados á música.

O grupo posúe unha ampla variedade de instrumentos, dende a gaita tradicional galega, pasando pola guitarra eléctrica, ata chegar o extremo da batería e diversa percusión.



O que os define é a súa música, xa que teñen o seu estilo propio. Atopárono nas súas composicións, xa que na actualidade o grupo posúe 11 temas propios: Lúa Chea (música: Rubén Comesaña), Raah-Ben (música: Rubén Comesaña), A Marosa (música: Rubén Comesaña), O Son Do Ar (música e letra: Silvia Comesaña), Gran Sol (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Ars Longa (música: Rubén Comesaña), Bágoas de Sal (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Terra Galaica (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Figueirido (música: Rubén Comesaña), Baydheson (música: Rubén Comesaña) e Noite Meiga (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña) .


En abril do 2006, gravan a súa maqueta no estudio número 5 da Radio Galega, contando coa colaboración do guitarrista Xulio Diego Abal Silva, e como técnico de son a Toño Vázquez, quen se encargou da gravación e da mistura da maqueta. A maqueta leva por nome Baydheson, e inclúe os temas Terra Galaica, Figueirido e Lúa Chea.



A idea de gravala maqueta xurde cun obxetivo común, mostralo traballo feito polos xoves a súa terra, Galicia, e se cadra, os arredores. Dar mostra de que a terra ten música, e que os xoves queren enriquecela e axudar a que esta non morra, loitar cantando e tocando a súa xente.




O 5 de maio acuden ó programa da Radio Galega “As Quimbambas” para presentala súa maqueta.

Entre tódalas actuacións que tiveron, destacan a festa de San Xoán, en Panxón, no 2003, I Festival folk-rock, en Bembrive, no 2004, Colexio Hogar, de Vigo, no 2003-2004-2005-2006, C.R.A.C. de Coruxo, no 2006. Programa de TeleVigo (Cucu-Trash), no 2005. Actuacións do concello de Vigo, como o magosto do 2004, celebrado no Berbés, o entroido do 2005, celebrado na praza da independencia, e, a festa das peñas de Vigo, celebrada en castrelos, no 2005. Mundial de catamaráns en Cangas no 2006...

BAYDHESON

lunes, 22 de octubre de 2007

Concerto Baydheson no Centro Cultural de San Miguel de Oia, sábado día 3 de novembro ás 19h.


O sábado día 3 de novembro, poderedes disfrutar da música deste grupo folk vigués, no auditorio do centro cultural de San Miguel de Oia. A entrada é gratuita, o único que hai que levar son gañas de pasalo ben, escoitando esta música con estilo propio, e con influencias celtas e popeiras.

É unha fusión de música que gosta a calqueira idade, música lenta, rápida, muiñeiras, baladas, alalás, bossa-novas...

Unha música para ver e para escoitar, así que vos espero no auditorio ás 19 h o 3 de novembro.


Baydheson