Con só 5 anos, no 1985, intégrase no mundo da música galega, formando parte do grupo de baile galego do Colexio Público “A Paz” Tintureira (Coruxo), no que baila, e comeza a iniciarse como pandereteira.
En 1988, entra a formar parte do grupo de baile “A Buxaina” do Centro Cultural de Coruxo, no que segue a perfeccionarse como bailarina e como pandereteira, co mestre Pablo González Alonso, e máis tarde con Luis Prego. Co grupo percorren parte da xeografía galega, Asturias, San Sebastián, Francia e Alemania.
No ano 1993 comeza os seus estudos de solfeo na banda de música Unión Musical de Coruxo, co mestre Manuel Lago Lago, e no ano 1994 comeza a estudar clarinete como autodidacta.
No ano 1995 entra a formar parte do plantel de músicos da banda Unión Musical de Coruxo,baixo a tutela do mestre Don Miguel Sacristán Ramos, coa que actúa por gran parte de Galicia, Portugal e Valencia.
En 1996, colabora como clarinetista, co grupo Folk-galego “Xistra de Coruxo”, no auditorio do Concello de Vigo. No mesmo ano forma parte do grupo de gaitas do Centro Cultural de Coruxo, no que toca o clarinete, co mestre Xurxo Santomé, no que destaca a actuación realizada no Centro Cultural Caixanova (Vigo).
No 1997, matricúlase na Escola de Música de Vigo, co mestre de clarinete Óscar Villar Prieto, ata o 2000.
Deixa o grupo de baile “A Buxaina” no ano 1998, e acude ó I curso de especialización musical de Vigo, de clarinete, cos mestres, Francisco Javier Vidal, e Joaquín Meijide.
En 1999, asiste tamén, ó II curso de especialización musical de Vigo, de clarinete, impartido polo mestre Manuel Juan.
Nos anos 1999, 2000 e 2001 colabora coa banda de música escola de Beade e a banda de música do Caeiro(Cabral).
No ano 2002 forma parte da murga do Centro Cultural de Coruxo, no que toca o clarinete, facendo diversas actuacións por Galicia e Francia.
No ano 2003 funda, xunto o seu irmán, o grupo Folk “Os Ferreiros da Taberna”,que no ano 2005 pasa a chamarse “Baydheson”, no que segue na actualidade, tocando o clarinete, a frauta, o saxo soprano, a pandeireta e cantando. Co grupo acadan unha morea de actuacións pola provincia de Pontevedra, e en Abril do 2006 gravan a maqueta nos estudos da Radio Galega, co técnico de son Toño Vázquez. Acude, en maio do 2006 a unha entrevista na Radio Galega, no programa das Quimbambas, para a presentación do seu traballo musical.
Nos anos 2004-2005 colabora coa banda municipal de Arcade, a banda municipal de Porriño e coa banda municipal de Cuntis.
No 2005-2006 é clarinetista solista da Banda Unión Musical de Coruxo e imparte clases de solfeo na Banda Unión Musical de Coruxo.
Na actualidade é compoñente de grupo Folk Baydheson e colabora coa banda Ateneo Musical de Bembrive e a banda municipal de Porriño.
Obras das que é autora: O son do ar (música e letra), Gran Sol(letra), Bágoas de Sal(letra)e,Terra Galaica(letra), Noite Meiga (letra).