miércoles, 24 de octubre de 2007

BAYDHESON



Nacen no 2003 nun rincón do panorama galego, chamado Coruxo (Vigo-Pontevedra). Comezan a súa andaina baixo o nome de “Os Ferreiros Da Taberna”, ata o 2005 que cambian a “Baydheson”, e así siguen na actualidade.


O grupo consta de 8 compoñentes na actualidade, rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 16 e os 27 anos de idade, todos eles estudantes e adicados á música.

O grupo posúe unha ampla variedade de instrumentos, dende a gaita tradicional galega, pasando pola guitarra eléctrica, ata chegar o extremo da batería e diversa percusión.



O que os define é a súa música, xa que teñen o seu estilo propio. Atopárono nas súas composicións, xa que na actualidade o grupo posúe 11 temas propios: Lúa Chea (música: Rubén Comesaña), Raah-Ben (música: Rubén Comesaña), A Marosa (música: Rubén Comesaña), O Son Do Ar (música e letra: Silvia Comesaña), Gran Sol (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Ars Longa (música: Rubén Comesaña), Bágoas de Sal (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Terra Galaica (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña), Figueirido (música: Rubén Comesaña), Baydheson (música: Rubén Comesaña) e Noite Meiga (música: Rubén Comesaña; letra: Silvia Comesaña) .


En abril do 2006, gravan a súa maqueta no estudio número 5 da Radio Galega, contando coa colaboración do guitarrista Xulio Diego Abal Silva, e como técnico de son a Toño Vázquez, quen se encargou da gravación e da mistura da maqueta. A maqueta leva por nome Baydheson, e inclúe os temas Terra Galaica, Figueirido e Lúa Chea.



A idea de gravala maqueta xurde cun obxetivo común, mostralo traballo feito polos xoves a súa terra, Galicia, e se cadra, os arredores. Dar mostra de que a terra ten música, e que os xoves queren enriquecela e axudar a que esta non morra, loitar cantando e tocando a súa xente.




O 5 de maio acuden ó programa da Radio Galega “As Quimbambas” para presentala súa maqueta.

Entre tódalas actuacións que tiveron, destacan a festa de San Xoán, en Panxón, no 2003, I Festival folk-rock, en Bembrive, no 2004, Colexio Hogar, de Vigo, no 2003-2004-2005-2006, C.R.A.C. de Coruxo, no 2006. Programa de TeleVigo (Cucu-Trash), no 2005. Actuacións do concello de Vigo, como o magosto do 2004, celebrado no Berbés, o entroido do 2005, celebrado na praza da independencia, e, a festa das peñas de Vigo, celebrada en castrelos, no 2005. Mundial de catamaráns en Cangas no 2006...

BAYDHESON