sábado, 26 de enero de 2008

Terra Galaica (música:Rubén Comesaña / letra:Silvia Comesaña)



Este tema lévanos a viaxar por riba dunha Galicia Verde e de ensoño, montañas, ríos, playas, que o mesmo tempo lembran o tema da emigración en Galicia. É un tema adicado a todas aquelas persoas que tiveron que deixar a sua terra natal, e que sempre no seu recordo atoparán imaxes, lendas, sons, ledicias, choros e bágoas, dunha terra que nunca esquecerán, a súa terra "Terra Galaica".

Na letra da canción pódese ver claramente ese toque de emigrante que ten, pero aparte, tamén esconde un tema de amor, un amor imposible pola distancia, culpable de esa emigración:


Ti, miña terra, o meu lar
eu non quero de aquí xa marchar.
Volverei a xogar, ti Galicia
non chores máis
por aire ou por mar estás
máis non sei, onde eu a podrei
atopar, non chores nunca máis,
meu amor, non te esquezas de min
xamais.



Alex: Gaita

Silvia: saxo soprano, frauta e voz

Ana: Viola

Laura: teclado

Jorge: guitarra acústica

Lobi: baixo eléctrico

Rubén: batería e voz

André: Percusións