martes, 5 de febrero de 2008

FIGUEIRIDO (Música: Rubén Comesaña)

“Dezasete familias choran a morte do fillo, do marido ou do mozo, nun helicóptero Cougar (un dos máis seguros do mundo, segundo expertos) estrelado en Afganistán. Os militares españois que viaxaban nel, xa non voltarán a dar ledicias e sorrisos ós seus…”

“Agosto do 2005, traxedia en Afganistán. Ás mortes dos 17 militares, producíronse mentres se realizaba unha misión de paz encomendada pola ONU…”

“Dos 17 militares falecidos cando se estrelaron os dous helicópteros Cougar prodecentes da base de Bétera, 12 formaban parte da base militar de Figueirido…”

Tod@ lembramos este suceso aterrador, sobre todo aquel@s que perderon os seus seres queridos nel. Por iso, este tema, que leva por nome “Figueirido”, vai na súa honra, na honra de todos aqueles mozos que sairon da súa casa para ir traballar, é unha volta do destino non deixou que voltaran o seu fogar.

Para todos eles e para o seus achegados vai este tema solemne que profundamente entrará nos corazóns de todo aquel que o escoite….IN MEMORIAM...FIGUEIRIDO



Alex: gaita

Silvia: saxo soprano e frauta

Ana: viola

Laura: teclado

Jorge: guitarra acústica

Lobi: baixo eléctrico

Rubén e André: percusións